Estopa(?)

 Outra guerra de soldado sen tropa,

sentado só no barrio escoitando Estopa,

quixera desertar para botar un último baile

Pero non sei,  é que me falta o aire


Recordos ou chivos expiatorios,

pensando en positivo con sorriso de tanatorio

Non me preguntes nada obvio,

tampouco porque ás veces bebido odio estar tan sobrio 


Anhelos de ter unha chaira mental,

de vivir na fría soidade do Gobi,

xa non sei se vallo, se hai fallo, se rallo,

se fun cortar de raíz e confundinme co tallo


Buscando un punto onde case Estoupa,

está estourando pero por fóra non se escoita.

É moita, era moita, a ilusión e a paciencia,

para unha mente enferma que non acouga.


Souben soltar, o velo, con tan só velo,

ningunha razón para crelo,

iba ser poeta pero dun poeta 

coma dun secreta, non me fío un pelo.



Algún día será canción, ou ao mellor quedará tan abandoada coma este blogue. Se estás lendo esto: grazas.


 




Comentarios