Estou estrañando outras formas máis sinxelas de estrañarte

Podería acostumarme á vivir da incertidume
de non saber cando soltarán os teus dentes
o meu beizo avermellado pola emoción.

Canto emocionado as lindas lendas,
entre os nosos bicos apaixonados escritas
que contan historias de paxaros ceibes
que no canto de ás tinhan amor para voar.

Quero que me fagas de todo: faime chorar.
Quero chorar de alegría e que a túa doce man
seque das miñas meixelas os ríos de ledicia

-Vén,póusate suavemente nos meus brazos-
Quero sentir a beleza das follas coloradas
do outono caer en min en forma de abrazos.

Comentarios