Nesta nación de cincuenta,
ás veces perdes as estrelas;
logo hainas falsas,
humanas, para quen as vexa.
Onde el é o máis grande,
Deus sentiríase pequeño,
rodeado de tantas e tantos
que cren coñecelo
Entre claros e escuros
tódalas luces da cidade
tratan sen éxito
de evadirme da realidade
e da soidade
De lúgubres rúas espectacularmente
Iluminados.
E non es nada, non.
Aquí non es nada.
Es un paxaro que,
no país da liberdade
voa no mesmo camiño
que toda a bandada,
xira a cabeza cando ve unha á rota
e nega no patriotismo
calquera derrota.
Síntome Lorca,
un poeta nos suburbios,
Sumido nunha turbia paisaxe
asombrado polo tamaño
e preocupado polos engranaxes
que sosteñen os peldaños
Deste escalonado lugar.
Comentarios
Publicar un comentario