15
A mesma melodía.
Un casette de piano, veloz.
Contradictorio:
nadar de costas cara adiante.
Atopar nas teclas
o grave da casuística;
agudo eu,
se quixer sobrevivir.
As ondas nos xiros de Ludovico.
E eu que sen entendelo
deixóme cabalgar.
Estrano ó violín ás veces.
Estránoa poñéndome contra as cordas.
Un louco que faise o cordo.
Un acorde.
En desacordo.
Non trouxen reloxo pra non contar horas
e agora conto cancións.
Podería contar graos de difración luz
sobre a auga
Resulta menos agónico
afogar así.
Canto bemois de
osíxeno quedaranme?
16
Prevalecer non é
nada.
Do que fun non
penso
volver ser, nada.
Mais non sabía
nadar.
Agora sei que no
horizonte
non hai respostas,
cando menos para
min.
Non hai tempestade
que non afrontes
se non queres
sobrevivir.
Eu son o valor que
eu me dé.
Fun capitán,
mariñeiro e oficial.
Que me vai asustar,
que sexa mar?
Vermello,soso e
morto, por dentro;
o único que flota é
o que xa non me pesa.
17
Fachendoso de min
por ir ó profundo.
De min non atopei
nada.
Ruxidos de coches
espértanme na madrugada.
E na ventá
non hai nada.
Voces en soños,
ou "sonhando con voçe"?
Conciencia, amiga.
Si for eu
onte tamén eiqui;
ou son hoxe
o meu alter ego?
Increpa ciencia
nesta curta espera.
Canto lerías
para cear esta
noite?
Comentarios
Publicar un comentario