11
Das gotas o mar
e de volta ao vento.
O fondo reclama parte de min;
alternancias coa necesidade de ár
hei facer.
De desfacerme en mil pedazos
a encaixar o puzle
do engranaxe social.
O "spray" que alivia
é esta mesma savia.
Non tibia, evapórase
na presenza de
estranos.
12
Sufro,
agora de
insolación.
Os meus males
fixeron sucumbir
ás mareas.
A tres metro baixo
a autoestima
o efecto lente é
esaxerado.
Inapropiadamente
hidratado
peixe de auga doce.
Serán as doce e
seguirei sen ti.
13
O limpaparabrisas dun vidro seco,
síntese se non pode mergullarse.
Loita de si contra a escuridade
e a columna fluída que o presiona.
Non reacciona até dar co fondo.
Percibe abstracta a claridade da luz.
É un peón branco en a4,
incapaz de distinguir a súa propia
posición.
Autodidacta do submarinismo,
nin el mesmo
confía na súa apnea.
Sexa ou non boa idea,
afundiu.
14
Busquei tinta water-resistant,
unhas plumas que voen cargadas de auga.
E se o chino fose eu?
Emborronado, manazas.
Escribindo a brazas
á lúa e media,
cantando os bicos do mar e a area.
Miñas propias mares;
os teus mareos.
Cruceime coaqueloutro
mariñeiro de Rianxo;
disque el tampouco
buscaba terra.
Entanto, fiquei atento;
ás veces ó tanto
e ao final
sen tinta
Comentarios
Publicar un comentario