Diario dun mariñeiro que quixo ser mergullador (Cap.III)


Neste terceiro capítulo, cautivo xa do mar, devezando por coñecelo, comezan os delirios e os desexos de mergullo, a perdición ou a gloria, ou quizáis a nada. Espero que vos guste.


7
Fago gárgaras coas ondas do mar.
É a nova forma de lavar a conciencia.
O recordo daquelas mans
fixeron que decidira gardalo aire

No desaire de estar equivocado.
Intrigado, auga clara mais non clarividencia.
Incerteza, tamén é ciencia,
no pasado houno mares
dos que non sabiamos a súa existencia...













8
Vou a saltar de ti a min.
Unha grapa que está solta,
por acción do vento.
Fas de min un avión de papel.

Quero camiñar sobre a marea
e sentir o choque da area na pel.

Que me crucen sinais a cara,
de cara a me decatar do narcisismo infiel
a miña propia estirpe.

E extrapolarei os meus límites
ata sentirme realizado dos meus inicios.








9
Como lle chamarán
os peixes do profundo
á superficie?

A maldade da escuridade,
é relativa;
cálmaa a bebida.

Mergullar é
sumerxir un cactus,
redundancia;
equivalencia
a deixalo morrer,
ou esquecer.








10
A til do acento dos mariñeiros
no aceno ao paso do barco.
Pequeno, pequeno.

Petit, dicir, as palabras ao raso
para que alcancen o máis alto no ceo.
O sinfín dos confíns dun tornillo.
Un pillín, soltou as cordas de amarre.

O patrón busca culpable
máis non hai resposta.
Disque navegaba só
pois así non mandaba mariñeiro.

Comentarios