4
Mariñeiro,
de auga amargosa.
Terco, mula, nula alegría.
Morría coa sede o terceiro día.
Terco, mula, nula alegría.
Morría coa sede o terceiro día.
A
fachenda do espido
no espírito das mareas.
A terceira vez que se molla este poema .
no espírito das mareas.
A terceira vez que se molla este poema .
Quería
ser pirata
dos que non quedan no mar;
acabei de palique na barra.
dos que non quedan no mar;
acabei de palique na barra.
Amarrado
a esperanza,
fuxiume a áncora
fuxiume a áncora
e
xa só podo voar.
5
En
tanto o mundo cambia
(quizais
tamén as persoas).
Filtro
o que poida parecer.
Unha
pomba con complexo de aguia.
Fíxose
gaivota,
guindándose
a loucura.
Mudarei
como as anduriñas.
O
pasaporte foime negado.
6
Un ás baixo a manga
dun polizón,
un motín do montón.
Contracción dos dedos
con probabilidade
dun medio.
Posme dos nervos.
Medos servos do demo.
Temo vervos na posta de sol.
O alcol dun alcólico
nas mans dun poeta.
Onde quedou a pluma?
A mirada non depende dos lentes,
a percepción desprende interés.
Ó revés estariamos buscando o comezo,
e eu buscaría terra outra vez.
Comentarios
Publicar un comentario