Neste inverno de primaveras
nada semella escuro.
E non existen enganos tan grandes;
incluso cando non marcha a luz
aínda precisamos candeas.
Non envellece a pel da montaña,
pero piden no río os peixes máis auga.
Suplican axuda as bocas,
secas e sedentas de loitar pola causa.
O azul que corre na raia,
que encollido está, por desgraza;
é coma sempre a imaxe da nosa xente:
ti Miño, tamén morres de fame.
Escoitade irmáns o que vos digo:
ha vir choiva que non escampe
para quen a terra engane,
para quen á nosa xente explote.
-Inimigos! Nós cubrímonos aínda
se non chove!
Comentarios
Publicar un comentario