Polarizado


Vou a saltar de ti a min.
Unha grampa que soltáse,
por acción do vento.
Fas de min un avión de papel.

Quero camiñar sobre a marea
e sentir o choque da area na pel.

Que me crucen sinais a cara,
de cara a me decatar do narcisismo infiel
á miña propia estirpe.

E extrapolarei os meus límites
ata sentirme realizado dos meus inicios.


Comentarios