Lapas bébedas de liberdade
queimando as cárceres
onde estaban encerrados
os versos da verdade.
Xente chorando na rúa,
falsos mártires morrendo
por causas alleas á súa;
non atopo a causalidade,
diante dun papel
comprendo
que non entendo
a realidade que se amosa.
E hoxe,
día de tódolos santos,
ando espectante esperando
que as crenzas acudan
no auxilio
das que pediron axuda
e alcen a voz polas mudas.
Esixo respostas
ao mundo
por esta desfeita.
queimando as cárceres
onde estaban encerrados
os versos da verdade.
Xente chorando na rúa,
falsos mártires morrendo
por causas alleas á súa;
non atopo a causalidade,
diante dun papel
comprendo
que non entendo
a realidade que se amosa.
E hoxe,
día de tódolos santos,
ando espectante esperando
que as crenzas acudan
no auxilio
das que pediron axuda
e alcen a voz polas mudas.
Esixo respostas
ao mundo
por esta desfeita.
Comentarios
Publicar un comentario