Con puñal e papel



Rendido ante este papel,
cómo tantas veces
aos teus pés.

Cada día que se me pinta,
Estropeo máis o lienzo,
Xa non quedan oportunidades
nin dignidade nestes versos.

E sei que non vas vir,
que todo está escuro fóra
e aquí dentro de min, 
a escuridade é a norma.

Teño a alma espida,
na busca dunha saída,
e non quero correr
aínda que non me faltan ganas..

Ogallá respondesen as pernas;
ou simplemente
atopase esa mirada.

E xa non podo conterme..
Con tantas bágoas neste papel
que xa non entendo a miña letra,
máis perdido
que cando crin que sempre 
quedarías á miña beira.

Loito por min mesmo, 
defunto por non saber;
mal terme crido
tantas expectativas,
tendo tan poucas forzas 
para intentar cumprilas.

Sinto a lacra de min mesmo,
na viaxe de abandonarme,
quizáis sexa tarde,
e non sei nin onde
perdín a noción do tempo..

Incerto e indeciso,
a miúdo insuficiente,
se é que teño botón
de autodestrución,
ando con el pulsado
permanentemente.

Súbito silencio;
e a pel chea de feridas
e o corazón
tan desgastado
que no canto de latir
treme.

Son un cadro de costumes,
un bodegón de aprendiz,
unha nota desafinada,
un exiliado de ningún país.

Non sei canto voltarán
as miñas pernas
a estar listas para correr;
mentres tanto,
impaciente e inseguro,
escribo con puñal neste papel

Comentarios