-Sonou o teléfono-



Hei voltar pronto, descoida
-Si..
- Abur! Chamareite ao chegar!


Non tiña nada que facer así que fiquei alí plantado no medio da xente que coma min viñera a se despedir de alguén e que xa tornaba as súas casas.


É máis difícil esperar o regreso que coñecer a partida, porque a miúdo, non hai data de retorno. I é que quen marcha adoita levar unha maleta pero quen queda na terra queda, ás veces sen nada. As veces marcha a vida nun tren que non podes coller e ficas cos pés cravados.


E aí quedei. Na miña expresión, o baleiro, a nada. Na miña mente, un "Abur", un adeus. Tomei un café só, alí mesmo, onde che cobran por un ollo da cara e mais os dentes de prata por un vaso de 200mL. 


Os homes brancos cisxénero adoitamos ter un grave problema para afrontar que a realidade non sempre está para o noso desfrute… E foi un mal momento para descubrilo e unha moi mala maneira. Quedar impasible, tendo que aceptar un futuro incerto, incompleto, quizais mesmo baleiro. Baleiro como as miradas que se cruzaban ca miña, ollos reais pero miradas de preocupación imperceptible.


Sorbín lentamente, non tiña ningún tipo de présa. Ao café seguiulle unha tónica que pedín como escusa digna a min mesmo para botar un rato máis naquel lugar atestado de xente e baleiro de complicidade para a miña causa.


Que quedaba alí de min? Que parte de min, non estaba embarcada? Non sabemos realmente o que é o sentimento baleiro, porque cando estamos baleiros, non podemos sentir.


Cando ía coller o ascensor para baixar ó parking sorprendeume unha mera pregunta formal:
-Subes ou baixas?
-Eh... Non, non quería coller o elevador, síntoo, trabuqueime
E alí quedei. Nun banco canda porta.


Por que adoitamos dicir "pensar noutra cousa", cando non hai nada máis importante que o que te preocupa? É acaso responsábel esquecer realidade por moi difícil que sexa? Ser feliz e estar tranquilo, son inevitablemente produto da evasión da realidade. E agora a vía de escape está lonxe.


*Sona o teléfono*

Comentarios