Quería confesarme
na capilla dos teus oídos,
onde podo ser máis sincero
e
onde sempre me sinto vivo
E dáme refuxio, dáme ganas.
Nun abrir e mirar dos teus ollos
podería gritar que vin a
liberdade
e contar que ten nome de muller.
I é isto un subir e baixar.
E se baixo desta nube é para
tocarte,
para que me biques e me subas
alto.
Moi alto
E quería dicir
pero sinto
e non me chegan as palabras
e non podo (d)escribilo
Como se debuxan,
dime,
unhas cadeas invisibles
que xa non sinto
porque dende que estás tenho as
ás libres?
E se pido un pequeno descanso
agora,
para pousarme no teu peito
e que pasen as horas?
Tráeme un vaso
de aire.
De alento.
Teu.
Respiro porque sinto.
Non me sei explicar,
e que rabia
non
poderte abrazar.
Quero cambiar a expresión:
non eres miña.
Pero es a miña
felicidade.
Quero pechar os ollos
e imaxinarte
cando non estás aquí.
Verte na miña mente
libre
voando canda min.
E nesta fría mañá de inverno
soño que me desexas,
e cambiou a estación:
agora semella ser sempre primavera.
Comentarios
Publicar un comentario