Somos seres cun final
incorporado. Pero, como a carabuña das froitas, adoita vir escondido. E somos
tamén seres impacientes, buscando o temón, como se foramos máis que grumetes do
barco de rumbo fixo. Os sabios do mar saben que non se ve terra ata estares ben
preto do destino.
É moi difícil afacerse a vivir
sentado, a mirar para as ondas sen poder botarse a elas; non é xusto nin de
agrado ter que calar dende a cuberta ante o cuspe que che botan enriba os de
primeira clase, coas súas comodidades e vantaxes.
Nas diversas paradas e descansos
que teñen os camiños, no canto de durmir como sería razoábel, eu aproveito para coñecer compañeirxs de
viaxe, para falar e para descansar a mente da monotonía do noso traxecto.
Nunha desas paradas, foi onde
coñecín a Brais. Se algo me fixo acercarme a el foi sen dúbida o innegable
atractivo que tiña a súa mirada perdida non infinito. Acerqueime:
-Ola, es novo aquí? Non te vira
nunca.
- Si, subín nesta parada.
- Subiches obrigado, a que si?
- Non, realmente non o pensei moito.
Escoitei dicir que era interesante e sumeime sen máis.
-Mais, estás seguro de que queres
deixar atrás todo e ver aquí a realidade sen remendos nin farrapos?
- Non sei
A pesar de semellar ser un home
sen dirección, apagado e aburrido causaba en min unha sensación moi positiva,
probablemente brindada pola maneira na que se repeiteaba, facendo un aceno que
lle brindaba un ton misterioso.
Conteille unha chea de cousas
sobre o porqué do meu embarco, as miñas teimas, os meus soños, as miñas
aspiración que habían ser conquistadas mediante unha loita épica e diaria, e el
finxía estar interesado.
Tiñamos unha boa confianza
falando, sentía seguridade para dicirlle o que for, sabía que, se cadra por
compromiso, ía responder con sinceridade.
-Facemos demasiado por
sobrevivir.
-Eu directamente non fago nada, e
por iso sobrevivo.
Comentarios
Publicar un comentario