Vén, estemos preto

Quero que mires, me creas e me mires;
nesa orde indispensable para non deixar
de ver un só segundo o teu fermoso iris.
Quero acariciarte, tenderche a man,
non quero un voto en blanco, unha abstención.
Quero que me esixas como quererte e como non.
Quero pensar que ardemos sen danos,
que as lapas son internas e só arden corazóns,
quero que sexa un lume que non se consume,
non ule a fume, nós non somos leña verde:
somos desa madeira que nunca se pudre.

E se nos esquecemos, por un momento,
que imos cara miseria i esta merda de goberno..
E se nos abrazamos, e se me ensinas?
Iso que tanto me gusta, a miña medicina:
que son os teus abrazos os que me dan vida.
E sin complexos, se ti me miras,
poderei cantarche cento e unha melodías:
sendo miñas, estarán desordenadas, 
o meu lugar coincide coas túas coordenadas.

Vén, estemos preto, quero sentirte libre
quero cumplir desexos; quero animarte
ata que bailes, ao son de melodías escritas para amarte;
quedar sen aire, sóbrame osíxeno e fáltame bicarte.
Vén, durmamos xuntos, constrúamos fortes refuxios,
que nin Obama poida destruír, que nunca sexan escuros:
iluminados, pola luz eterna destes sinceros abrazos;
e sincerarme, quero contarche: 
os medos de tódalas noites nas que tiven que extrañarte.

Penso que queda moito para que quede pouco,

para preguntar cánto falta, ante este amor que exalta,
que aumenta en ganas, de risas cercanas,
de inventar palabras para dicirte o que te quero:
que te amo e te amo sin peros; con ilusións 
con ganas de comernos a bicos entre os dous.

Vamos a consquistar as rúas, sen violencia pero con tenrura.

Enchámolas de amor, enchámolas de fermosura.
Isto non é unha batalla, isto é o apoxeo:
de miradas libres que sempre apuntan cara o ceo;
de sorrisos ceibes, de "claro que podo, e tanto que quero".

Comentarios