Savia de amor

Sei que eres sabia.
Eres savia da árbore do saber:
coñeces incluso os segredos
de facerme sorrir,
do máis esencial pracer.

Dame a solución ti que sabes:
qué remedio teño querida,
se non terte é a enfermidade,
e ti es a menciña que me dá a vida?

Ti sabes facer maxia sen variña,
que xa a primeira quedou grabada
e dende aquel día á tardiña
só creo nos poderes da túa mirada.

Ti sabes de milagres, telos feito:
-cómo fas da chuvia beizos
que se buscan na humidade,
que iluminan ceos de escuridade?

De todo canto sabes,
quero que me ensines,
a máxima das artes:

os segredos de amarte

Comentarios