Quero declararme fan de quererte

Quitémoslle ao futuro as ganas de chorar.
Roubarllas sen piedade como os políticos
da España que loitan por manter a unidade.
Loitemos por non perder as ganas.

E igual as nosas mensaxes perderon forza,
quizáis xa non estén de moda como os "sms".
Eu aínda gosto de reler os primeiros, 
de ver que xa daquela nos queríamos
visto está, meu amor, hai cousas que non perecen.

Pero nós non imos forzar nada, 
isto non é unha montaxe, non é o 23-F.
Esta misión con destino nos teus beizos
non ten máis rumbo que o lle demos.

A nosa mensaxe non vai quedar obsoleta,
non cambiamos a paixón por comodidade,
somos moi distintos a "Podemos":
a nosa forza si é igualdade,
a nosa forza é querernos.

Este poema que a ti, a ti te escribo,
non é unha canción de amor. Non é unha oda.
É unha chamada de "SOS",
- sen ti teño frío                       
-corre, vén arrouparme cariño.

Estou desexoso de estudar poesías de Neruda 
de memoria para cantarchas ao oído:
-La noche está estrellada y ella no está conmigo
-Non te preocupes corazón, vou agora mesmiño

Non quero tampouco esperarte
como facía o pobre Forrest na parada, 
eu quero saír a buscarte,mover mundo,
 nos teus aloumiños encontrarme.

E dicirnos un "quérote" sincero e sinxelo.
Tan sinxelo como querernos.




Comentarios