Katia, culpable de ser libre

Katia era fría, como unha  xistra de inverno. Non gostaba de falar, nin de rir. Aos seus 17 anos apenas tivera amigxs . Ela creía que non os precisaba, pois para o seu entender, ninguén era quen de entender a súa angustia vital.

Nunha desas noites fermosas de primavera, algo máis das tres e media da mañá na inmensa beleza do paseo de Las Ramblas, a rapaza camiñaba soa cara a súa casa, tras unha desas festas nas que froito dunerro na memoria esqueces que os locales que frecuentas nesas noites de esmorga, non che gustan realmente . Avanzaba a adolescente que volvía súa casa tras nun pequeno paseo inevitable para pensar nas súas cousas, valorando que na súa vida algo tiña que cambiar. Non necesitaba amigos, pero non lle importaría descubrir o amor.

Naquel xusto intre, Katia ensumida nos seus pensamentos tropezou contra unha farola e caeu ao chan. Un rapaz, que o viu todo, interviu:
- Atopaste ben?-tras mirala de arriba abaixo e sentir un enorme calafrío proseguiu-. Como te chamas?
-Son Katia e ti? Non foi nada, xa estou ben - a rapaza notou algo raro, pois era a primeira vez que mantiña unha conversa fóra da casa en moito tempo.
-Chámome Joan e hei de confesarche que eres fermosa..- Joan ruborizouse ao dicir isto.
-Eh grazas, supoño- Katia sentiu unha mestura entre gusto e asco.-
-Ías para casa? Podo acompañarte se queres..- propuxo Joan.-
-Si, se queres..
Cando levaban percorridos 500m Joan agarrou a Katia e púxose a bicala no pescozo e posteriormente na boca,sen resposta da rapaza. Case obrigada pola situación, deixouse levar. Ao cabo de 5 minutos os bicos intensificáronse e ao rapaz ocurríuselle levantarlle a saia. 

Katia , tentou reaccionar, saíron dela palabras cada vez máis desesperadas, cada vez menos esperanzadas .Joan non parou de tocala. Os rogos e os saloucos de medo non funcionaran ,Katia colleu unha barra de ferro que tiña ao lado e espetoulla na cabeza a Joan. Parou. Caeu no chan. Un rego de sangue.

- Pásame esa baralla de naipes. -Díxolle Katia á reclusa coa que compartía habitación.

Comentarios