Eu non te observo pola ventá.
(Pero ogallá te colases
pola miña, intrépida
tanto como foches para
aparecer como intrusa
desexada no meu corazón.)
Non fun nunca de
dar explicacións.
-Aínda que xa que estamos
gustaríame explicarche
todas as cousas bonitas
que soño contigo cada noite
Inquedo son un rato
(e inquedanzas tropecentas)
O de ser preso dun amor
nunca fun moi fan diso.
De morrer de amor
prefiro que sexa facéndoo.
E de calar son pouco:
Cando quede pouco que dicir
será porque as palabras
quedaron curtas para amar
sen límites.
E se me din que
teño que confesar
prefiro facelo ante ti,
e dicir esas verdades
que xuntos son sinxelas.
Comentarios
Publicar un comentario