Si, son horas baixas, días tristes. Non demos senón un paso atrás.. Din que somos iñorantes, os que noutrora non nos deixaron aprender..Os que nos quitaron a voz. A voz de liberdade... Pero non culpemos á nosa xente por non rescatar á nosa terra: non teñen culpa, elxs non saben que é presa!
Non hai derrotas nisto. Non perdimos; tan só adiamos a data da vitoria. Non fomos quen de atopar as verbas da liberdade, non fomos quen de dar co camiño, pero seguiremos a voz que di "Máis alá". As rúas deben ficar cheas de xente, e nunca escasear os soños. Non debemos rendirnos, elxs non pararon ata vernos así, non lles deamos o pracer de poder facelo durante moito tempo. É preciso facernos donxs da dignidade e da xustiza de novo. Somos moitxs. Non temos que ter medo a estes tramos da historia no que a sorte nos é esquiva, por que deberiamos botarnos atrás na procura dun futuro noso? Se onte era a hora de tirar cos tiranos que desfán o país, porque non ía seguir sendo hoxe, que somos xs mesmxs! As nosas voces erraron nos métodos, non na súa existencia! Somos necesarias para a nación que hai séculos nos arrebataron, para devolver á xente o poder que dela é e que nunca se lle deu todavía!
Non nos queda outra. Trátase de morrer ou vencer, e o camiño témolo pensado, só nos queda construílos todxs xuntxs. Os nosos devanceiros e devanceiras así o quixeron, deixáronnos claro que non debíamos parar ata atopar a liberdade para xs do común, Irmandiños, Rosalía, IF, Nós, eles puxeron as primeiras pedras da mentalidade que fixo da nosa historia a dun pobo combatente, a pesares da moitas dificultades que se empeñaron en pór para nos frear. Ningunha será suficiente para parar o que xa está escrito, venceremos nós.
Comentarios
Publicar un comentario