A dor só é o comezo. A volta a todo sen ti, é o complicado: fitar a aqueles lugares nos que solía atoparte botando unha ollada errada, que xamais voltará atopar o seu destino. Pensar en que, quizais, debería mandarte unha mesaxe, e se te perdiches? Para de seguido caer no eterno sufrimento de saber que te fuches, que te levaron ...
Tamén están as imaxes: as que fan chorar de alegría, daqueles tempos nos que todo eran sorrisos; e as que fan chorar de rabia, de medo, de tristeza, de subir unhas escaleiras con toda a ilusión do mundo para recibir a noticia e tornar querendo baixalas de cabeza. de verte entre 3 paredes de madeira cunha vitrina por medio, de pensar no que pasou, e rabiar por non entendelo , por non querer entedelo... Recordar aquel vehículo que te levaba nas 3 paredes cando xa se converteran en 4 nunha viaxe da que non ías volver, sabendo xa que aquel triste momento entre gritos e choros desesperados dos teus, de nós ía ser o último dos momentos contigo.
Cómo deixalo de lado, se cada vez que me acerco a unha maldita vía ou escoito o paso do tren se me estremece o corpo e me faltan forzas para manter a compostura, se necesito esforzarme ao máximo para non romper a chorar nese momento porque por moito que pase o tempo segues sen voltar.
Aquel fatídico día no que baixei as escaleiras sabendo que nunca ía subilas da misma maneira, decidín dicir que "non morre nunca quen queda para sempre no recordo da xente", non me faltaba razón.
No dos teus estás a salvo, non te deixaremos marchar.
Comentarios
Publicar un comentario