Profecía


Sabemos dende o comezo
que somos esencia de vencer,
Voaremos (como bolboretas)
e bailaremos(a ritmo de muiñeira).

Faremos aturuxos de liberdade,
que expresará deste pobo
de quitarse as súas cadeas a vontade!

Soan murmullos nas rúas..
Contan soños dunha nación de renacer.
Falan dos amores na lingua
da beleza do amencer

Fitamos sempre ao ceo,
sen soltar os pés da nosa terra.
 Souberon ben os nosos devanceiros,
que é sentir morriña dela...

 Cantamos poemas de Rosalía,
naiciña desta nosa patria,
escibiu o comezo desta profecía!

No castelo de Sandiás
unha vella cóntalle a un cativo:
-Así se conseguen as cousas,
así loitaban os Irmandiños     

Nados somos da rebeldía, 
non nos cansamos de loitar,
berramos dende tempos antigos
cantos á esta choiva que non amainará!

Escóitase a chamada de Breogán
ás armas, incluso aquí, na raia;
acudiremos todxs xs galegxs   
xuntxs a esta decisiva batalla. 

 Terra meiga!
Ficas presa deste meigallo,
que non é, senón, o futuro

Comentarios