O tempo non sempre cura (3ª parte)

Non sei se era un comezo, sinceramente. Unha alianza de ouro diante dos meus ollos. O único que sempre tiven claro era que para ter algo que perder, algo había que ter e eu, daquela, por ter non tiña xa nin vergoña. E sabía tamén que había demasiado tempo que era demasiado tarde para botarse atrás.

Sendo sincero, non saín dar un paseo para buscar a Xurxo, eu sabíao ben lonxe de min. Pero para a miña sopresa, alí o estaba, onde nos deramos o noso primeiro bico. E por que? Por que facerme o mesmo dúas veces en 24 h? Ao velo, ao el mirarme, acerqueime lentamente e detivenme a tres metros del:

- A qué xogas Xurxo?-  soltei directamente, xa non tiña tempo para parvadas.
- Ti non o entendes..
- Igual cunha explicación axudabas. Para min estás morto. Sorte na cidade
- Marcos..
- Qué tes ti agora?
- Non vou darche explicacións que non queres escoitar. Pero non teño onde durmir esta noite.

Nese momento dubidei entre cuspirlle na cara ou darlle unha labazada, pero no canto diso aceptei en acollelo. Si, sempre fun un Xan. 

Fumos andando para casa, sen cruzar palabras nin miradas (non sei cales das dúas serían máis perigosas de terse producido). El durmiu na cama de invitados. Eu na miña, só como calquera noite dos 7 anos anteriores. Pero esta vez non houbo medos na noite, nin pesadelos, nin soños extraños, foi todo plácido, non houbo incomodidade. Sentín seguridade e quizais ese foi o único medo de toda a noite.

Espertamos case a mesma hora e ibamos almorzar cando sacou do peto un anel. Distinguín claramente o gravado "Xurxo e Uxía". 

-Sigo queréndote Marcos.

Comentarios