Fillo da lúa

Fillo da lúa sempre preso da noite, non pode evitar escapar dos pesadelos, por iso non dorme. Perségueno as sombras, agóchase na tenue luz da mesilla de noite armado con papel e bolígrafo (se for preciso utilizalos non dubidaría un segundo). Preso que non soña con escapar, escolleu a súa condena, o que tiña antes de ela non era tampouco vida, qué problema serían as cadeas? Non busca a calor, acomódase ben no solitario frío da escuridade do inverno, síntese cómodo baixo a máis forte das chuvias e non odia a tormenta por medo ao que poidese pasar, éncantalle que algunha luz como a imparable dos lóstregos axude á súa pobre lámpeda que non pode dar máis luz; iso si, teme o día no que a tormenta se cebe con el e o deixe sen corriente, á mercede das sombras que tanto teme. O seu maior medo é distinto ao común, para el o medo reside na ilusión, canso de darse conta que a esperanza tornou en si mesmo a ser a máis fortes das armas, a que máis dano lle fixo cando cría nos raios de sol entre o neboeiro; agora témeos, non confía en posibles traizoeiros.

Comentarios