Primeiro gris.
Logo sen ti
(foi entón cando tornou en negro).
E eu triste.
E ti lonxe.
- Estás ben?
-Bueno, camiño dereito
Fóra hai gritos:
música, conversas, risas.
Aquí dentro medo,
o bonito dalí aquí
semella tétrico.
En tanto que miran ás rosas
eu pínchome os dedos.
E hai poucas cousas
máis ferintes que o silencio
(cando o que queres é un
"estou para todo amigo!")
Pero non xs culpas.
Non poden entenderte.
(Non te entedes nin ti mesmo)
Comentarios
Publicar un comentario