Anaquiños de paixón

- Acabouse- díxome.

Malia o frío que sonou, eu respondín:

- Nunca acaba algo no que cada pequeno final é o inicio de algo mellor ao anterior.  Non se levanta cabeza despois de perder o recuncho onde descubriches que podias pousala lonxe de calquera preocupación. Acabáronse, se cadra, as túas ganas de buscar novos inicios; os lazos máis fortes non se rompen pola rotura dun único fío, só que as veces os fíos erran na súa existencia. Con todo, non acabou nada, pois esta noite como cada unha das vindeiras, deitareime para soñar eu só os soños que soñabamos xuntiños.

Comentarios