Espido de sentimentos

Hoxe, 21 de marzo, día da poesía non podía faltar á cita co blogue, deixo un poema que teño publicado na plataforma megustaescribir, http://megustaescribir.com/obra/leer/35408/aqui 
Por este poema, fun galardoado co primeiro premio na categoría de poesía xuvenil do certame A Pipa, disfrutádeo como o fago eu cando deixo saír de min os suspiros das bolboretas.





Sinto morriña de tardes nos teus brazos:

bicos, sorrisos, aloumiños, e abrazos.

Sinto ganas de ter cousas que marcharon:

ti, a ledicia… (cousas que remataron).



Sei que xamais estiven preso deste amor,

que foi na túa pel onde fun liberado,

onde rachei con todas as cadeas

e onde aprendín a amar e ser amado.



Fuches profeta dunha relixión inventada,

de venerar ás fermosas alboradas

que compartíamos nobremente

enredados entre as túas sabas.



Quero que volvas a contarme

como o reflexo do Miño

dá luz ás túas perfectas carnes

(i eu choro de emoción ao observarte).



Déixame que estude maneiras de quererte.

Déixame sen aire (déixame verte).

Déixame voar (déixame rozarte).

Déixame ter forzas (déixame amarte).



Precísote nesta loita imparable,

de rachar cos prexuízos, grillóns e celas;

a revolución cas nosas mans xemelgas,

cando as xuntamos, a vitoria é certa.



Soño con quedar sen voz de recitarche,

versos de Neruda e de Seonae,

cantos que á beira do teu oído

son, se cabe, máis arte.



Espero con máis ganas que esperanza,

que volvas ti, e marchen as penas.

E agora estou, espido de sentimentos,

cubríndome na soidade dun poema.

Comentarios