Quero que me mires



Quero que mires, me creas
                             e me mires;
nesa orde indispensable
 para non deixar
de ver o teu fermoso iris.

Quero acariciarte,
 tenderche a man,
non quero un voto en blanco,
unha abstención.
-quero que me esixas cómo quererte
                                              e cómo non.

Quero pensar que ardemos sen danos.
que as lapas son internas
                                     e só arden corazóns.
Un lume que non se consume,
 nós non somos leña verde:
somos desa madeira que nunca pudre.

E se nos esquecemos
                                    -por un momento-
que imos cara miseria
i esta merda de goberno..

E se nos abrazamos,
e se me ensinas?
Iso que tanto me gusta,
a miña medicina:
-son os teus abrazos o que me dá vida.

E sen complexos,
se ti me miras,
poderei cantarche
cento e unha melodías:
estarán desordenadas. 
-      o meu lugar coincide coas túas coordenadas.

Vén, estemos preto,
 quero sentirte libre
quero cumplir desexos;
 quero animarte, que bailes
 ao son de melodías
escritas para amarte;
quedar sen aire,
-      a min sóbrame osíxeno. E fáltame bicarte.

Vén, durmamos xuntos,
 constrúamos fortes refuxios,
(que nin Obama poida destruír)
 que nunca estén escuros:
iluminados pola enerxía
 dos teus abrazos;
e alí sincerarme:
 -quero contarche os medos de tódalas noites
                                                 nas que tiven que extrañarte.

Queda moito para que quede pouco,
non cómpre preguntar:
-cánto falta?

Isto non é unha batalla,
 isto é o apoxeo:
de miradas libres
 que sempre apuntan cara o ceo;
de sorrisos ceibes, de:
- claro que podo,
                                      e tanto que quero.

Comentarios