Avisei a meu pai de que sairía co
coche, e deixeille entrever que non durmiría na casa…
-Ves comer mañá?
- Ireiche dicindo, bicos.
Todxs sabemos que cando alguén de
ciencias, que tan rápidos andamos para campar da precisión dos nosos estudos,
non dá unha resposta exacta, pretende dar un “non” por resposta. Se cadra non
está tan claro, pero somos así de raros.
O plan estaba ben, que podía saír mal nunha
noite, na bonita Santiago, ca miña parella un venres á noite? Andar de festa é un arte complicado, débese
escoller a compañía e o lugar. Eu adoito a errar no “cando”, pero a boa
compañía pode facer milagres.
Foi unha noite marabillosa,
porque ela fai bonitas todas as lúas, porque pon os acordes que fan irrepetible
á máis pesada das cancións. Ata o alcol “de garrafón” das discotecas semella un
cóctel ben elaborado se pasa os seus beizos polo cristal.
A primeira Estrella Galicia sóubonos ben á beira da Catedral, mais a
acumulación de xente e a escaseza de locais do noso agrado, fixo que coma
sempre, pasaramos a noite camiñando sen rumbo, bicándonos nos portais, ca
intensidade dunha despedida e coa emoción dun primeiro achegamento.
- -
Santiago de
noite é fermosa. Podería percorrer indefinidamente as súas rúas sen cansar.
-
E cando che
faien os pés que farás?
-
Dou por feito
que estarás ti alí animándome a continuar
-
E non
preferirías sentarte?
-
Os bancos repousan as pernas, ti desacougas o
meu corazón, que é quen turra por min.
Non facía falta nada, non hai
hora de retorno cando un está no seu lugar, e o meu lugar sempre foi canda ela.
Comentarios
Publicar un comentario