Vivo nunha función continua, periódica pero desgraciadamente sen retorno ao orixe, chea de puntos críticos entre os que se balancea a miña enteira entidade, que se estremece cando reflexiona sobre algunha cuestión na fronteira do meu raciocinio. Ao límite da entereza, esperando atopar ese punto de inflexión onde esqueza as dúbidas que tenden a un infinito de preguntas sen respostas que conducen as bágoas.
Indeciso dende que saín da matriz que me deu a vida, cuna dos meus balanceos, dos máis e os menos... De dividir a miña alma en mil anacos para que me leven sempre conmigo, aqueles que conforman a base da miña vida . Quixera nunca abandonar a miña zona de confianza, onde ningún parámetro toma valores complexos, ser unha variable independente do tempo, escapar ao seu paso...
Graficamente, son unha liña tanxente á felicidade, unha asíntota á tranquilidade, un salto finito entre a calma e a loucura. Son igual dende o principio, definible nun espazo restrinxido, e increíblemente estraño, alleo a métodos; o teorema do desastre.
En resumo, son unha función real, diferenciable... Son a curiosidade dun neno aprendendo matemáticas.
Comentarios
Publicar un comentario