Chorarlle ás bagoas:
ás bágoas da morriña.
De pasos solitarios
(entre moita xente)
lonxe das túas pegadas.
Pegadas lonxanas, as do chan.
As do teu amor
que camiños bordados marcan,
de recordos do brilante
do teu sorriso no meu corazón.
Esas están moi preto.
Esas están moi preto.
E pechar os ollos:
ti, eu, as sábanas
(desordeadas pola fera
paixón entre os nosos corpos).
Soñar espertos:
sorrisos intercambiados
no pacto que firmamos
dende a liberdade
de matarnos de pracer.
Sentir nos teus brazos
a liberdade de voar:
alto, onde somos
inalcanzables. Somos:
nós. Ti e eu, somos.
Ceibes para querer
sen as limitacións
dos prexuízos humanos,
rompendo cas cadeas
e botando as ás ao ceo.
Agora que aquilo
semella lonxe.
Equivoquémonos.
Equivoquémonos xuntos.
(Outra vez)
Comentarios
Publicar un comentario